
Vota, comparte e participa
Estos son los relatos participantes de éste mes.
Vota, comparte y participa
-
Toni Bermudez Porto
12/10/2021 20:40Sempre escoitamos dos tipos de nubes, pero nunca de donde saen; falamos de que si foi primeiro o ovo ou a galiña...pois non barallocos, a vida é mais sinxela do que parece, e mais fráxil tamén. Nunha das miñas andainas cerca de Pontecaldelas, vendo os petroglifos de Tourón que me daban que pensar sobre o paso do tempo, atopeime coa orixe das nubes, esas que un dia nos parecen un xeado, e outros unha bosta. Quen era o creador destas obras? Quizais un titán, un xigante ou un Deus? Non, miñocas, un pino... mellor dito... O Pino... O Pino facedor de nubes, responsable de que a terra viva, e nosoutros nela, de que cada microorganismo ou animal inmenso esté ahí, de que podas sentir todo o que sintes, amor polas patacas ou odio polas berzas. E ahí estaba, facendo o seu choio, sen mais, desde sempre, antes que ti, ou eu, ou naide lle puxeramos de nome pino.