Bases legais
1. Obxecto
O Concello de Arteixo, a través súa Concellaría de Promoción e Desenvolvemento convoca o
Concurso Fotográfico Arteixo Espírito Deportivo co obxecto de que as fotografías gañadoras
se recollan no Calendario do ano 2019 do Concello.

2. Prazo de inscripción
O prazo de presentación de fotografías iniciarase o día 14 de setembro e rematará o día 14 de
outubro de 2018.

3. Condicións e requisitos de participación
-Para poder participar, o usuario debe ser seguidor ou comezar a seguir a páxina de Facebook
https://www.facebook.com/concelloarteixo/
- O usuario participará neste Concurso Fotográfico a través da aplicación Easypromos subindo
unha foto relacionada co deporte. As mellores formarán parte do calendario 2019 editado polo
concello. Cada mes estará relacionado cunha das imaxes presentadas, e preferiblemente
relacionada cun dos seguintes conceptos:
Xaneiro - Solidariedade
Febreiro - Compañeirismo
Marzo - Superación
Abril - Tolerancia
Maio - Deportividade
Xuño - Equipo
Xullo - Meta
Agosto - Resistencia
Setembro - Apoio
Outubro - Respecto
Novembro - Nobreza
Decembro - Esforzo
De non atopar relación directa cun deles, o participante poderá propoñer o seu, ou o Concello
adecuar un novo a cada imaxe, sempre que estea relacionada co deporte.
- A fotografía deberá realizarse no Concello de Arteixo, e preferiblemente nunha das súas
instalacións deportivas.
- A fotografía deberá ter calidade suficiente para ser impresa no calendario físico sen merma de
calidade (recoméndase un mínimo de 300mmx200mm a 300 ppp)
- A fotografía deberá ser enviada en formato JPEG, PNG ou TIFF a través do formulario situado
na páxina de Facebook do CONCELLO
-O formulario atoparase dispoñible unha vez selecciones o botón "Participar" do concurso.
-O participante encherá todos os campos do formulario de participación e todos os datos
persoais que se requiran, sendo todos de carácter obrigatorio.
-O participante proporcionará datos persoais exactos e postos ao día de forma que respondan
con veracidade á súa situación actual.
Quedarán automaticamente fóra de concurso aquelas obras que fosen premiadas con
anterioridade noutro concurso ou certame, ou non cumpran o estimado polas presentes bases.
Asemade, non se aceptarán aquelas fotografías que leven sinatura ou algunha outra marca
identificativa. Os traballos que se declaren fóra de concurso, poderán ser recollidos despois da
súa utilización na elaboración do catálogo que recollerá as obras presentadas.

4. Funcionamento do Concurso
-O concurso requirirá para a súa celebración un mínimo de 5 participantes, en caso de non
alcanzalo suspenderase a súa celebración.
- A votación das imaxes realizarase a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado
composto por un profesional do mundo da arte, un profesional do mundo da fotografía e un
profesional do mundo da publicidade.
- A votación comporase do resultado da suma de 4 puntuacións (sendo 40 puntos a máxima
puntuación posible). :
1ª puntuación: Dependerá da votación popular na páxina do concurso.
- a obra máis votada obterá 10 puntos,
- a segunda obterá 8 puntos.
- a terceira obterá 6 puntos.
- a cuarta obterá 4 puntos.
- a quinta obterá 2 puntos.
2ª Puntuación: Dependerá da valoración dun profesional relacionado co mundo da arte, que
puntuará 5 obras con 10, 8, 6, 4 e 2 puntos.
3ª Puntuación: Dependerá da valoración dun profesional relacionado co mundo da fotografía,
que puntuará 5 obras con 10, 8, 6, 4 e 2 puntos.
4ª Puntuación: Dependerá da valoración dun profesional relacionado co mundo da publicidade,
que puntuará 5 obras con 10, 8, 6, 4 e 2 puntos.
- Se ningún dos participantes obtén votos (0 votos ao final do concurso), realizarase un sorteo
aleatorio a través da plataforma Easypromos entre todos eles para elixir aos 5 ganadores.
-En caso de empate entre varios usuarios coa mesma puntuación, realizarase un sorteo
aleatorio a través da plataforma Easypromos entre eles para elixir ao gañador ou gañadores.
- Os nomes dos gañadores comunicaranse a través das contas en redes sociais do
CONCELLO, Twitter e Facebook nos 5 días seguintes á finalización do concurso.
-Os usuarios que participen e os gañadores aceptan que o seu nome sexa publicado nos
soportes que o CONCELLO estime oportunos (redes sociais e web do CONCELLO).
- Establecense 12 categorias de premios para as 12 fotografías mellor dotadas coas seguintes
contias:
- 500 € (cincocentos euros) para a foto que máis puntos obteña.
- 300 € (trescentos euros) para a segunda.
- 200 € (douscentos euros) para a terceira.
- 100 € (cen euros) para as nove seguintes clasificadas.

Os premios non serán acumulables en ningún caso. No caso de coincidencia en varios
premios, concederáse só o de maior importe.
Os ditos premios estarán suxeitos ás retencións que se determine pola lexislación tributaria
vixente e faranse efectivos mediante transferencia bancaria aos premiados.
Con carácter previo ao outorgamento dos premios, comprobarase que os premiados propostos
polo xurado están ao corrente das súas obrigas tributarias municipais, estatais e coa
seguridade social e non son debedores á facenda municipal polo reintegro de subvencións.
Non poderán obter a condición de premiados as persoas ou entidades nas que concorran as
circunstancias que permitan cualificalos como beneficiarios segundo o disposto no artigo 13 da
Lei 38/2003 xeral de subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e
demáis normativa aplicable.
- Unha vez publicados os nomes dos 12 gañadores, contactarase con eles a través das redes
para facerlles entrega do premio.
- As fotografías gañadoras serán as que conformen o calendario de Arteixo 2019.
- As fotografías presentadas quedarán en posesión do CONCELLO e poderá utilizalas e
reproducilas por calquera medio, sempre citando ao seu autor.
- O xurado resérvase o dereito a declarar os premios desertos, se o estimase oportuno.

5. Datos persoais facilitados á organización

A recolleita e tratamento automatizado dos datos persoais, como consecuencia da participación no concurso, ten como finalidade, ademais do correcto desenvolvemento do concurso, a comunicación dos gañadores, así como a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servizos nos que o usuario decida subscribirse, darse de alta ou utilizar, e a adecuación de devanditos servizos ás preferencias e gustos dos usuarios.

Así mesmo, ten como finalidade o estudo cuantitativo e cualitativo das visitas e da utilización dos servizos por parte dos usuarios, o deseño de novos servizos relacionados cos servizos propios do CONCELLO e as suas actualizaciones. En todo caso, salvo que se formule oposición, outra finalidade engadida será o envío, por medios tradicionais e electrónicos (e equivalentes) de información achega do CONCELLO (as súas actividades e servizos).

Os datos persoais rexistrados pasarán a un ficheiro propiedade do CONCELLO con domicilio en Praza Alcalde Ramón Dopico, 1, 15142 Arteixo, (A Coruña). O promotor declara que adoptáronse as medidas técnicas e organizativas de protección de datos conforme ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e ao Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.


6. Exoneración de responsabilidade de Facebook

Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela.

Os datos facilitados na participación do presente concurso proporciónanse unicamente ao CONCELLO e non a Facebook.

Calquera pregunta, comentario ou queixa en relación coa promoción deberá remitirse ao CONCELLO e non a Facebook.


7. Participación dos usuarios e reserva de dereitos

O CONCELLO resérvase o dereito a descualificar a calquera participante se existe calquera sospeita de uso fraudulento das ferramentas e na forma de participar no concurso. Por este motivo, poderanse tomar as medidas oportunas tales como, bloquear usuarios, descualificar contidos ou usuarios ou calquera outra acción que o CONCELLO estime oportuna.

O Organizador do concurso informa que comprobará a validez dos votos recibidos polos participantes do concurso mediante a ferramenta “Índice de Fraude” desenvolvida por Easypromos. A través desta ferramenta, o Organizador poderá saber, ao finalizar o período de participación, si o participante ha incurrido en prácticas fraudulentas co fin de obter máis votos. Si o valor do Índice de Fraude da súa participación é igual ou superior ao 100%, o Organizador resérvase o dereito de descualificar ao participante e declarar nula a súa participación.

O CONCELLO resérvase o dereito de modificación e borrado de calquera contido duplicado, erróneo; que se considere ofensivo, inxurioso, discriminatorio; que incite ao odio, que ataque directamente a persoas en función de raza, etnia, nacionalidade, relixión, orientación sexual , xénero ou identidade sexual, discapacidad ou enfermidade grave ou cualesquiera outro que poidan resultar lesivos para a sensibilidade dos usuarios ou vulnerar dereitos de terceiros; que se considere fora de contexto ou calquera outro criterio que o CONCELLO crea conveniente.

O CONCELLO resérvase o dereito de suspender ou eliminar aquelas achegas ou comentarios que incumplan estas condicións.

O usuario obrígase a non utilizar estes servizos para a realización de actividades contrarias ás leis, á moral, á orde pública e, en xeral, para realizar a actividades publicitarias ou de explotación comercial, ou para manter valoracións en ton amenazante ou non cordial.

No caso de que se descubrise, ben de forma directa ou través de notificacións ou requerimientos de terceiros, a existencia de tales prácticas ou similares, poderase proceder á eliminación dos contidos infractores ou calquera outra medida que considere necesaria para evitar a continuidade na situación detectada. Idéntica medida será aplicable no caso de que se detecte unha utilización que, polas súas características tales como tamaño, formato, etc., dificulten o funcionamento do portal, contidos ou enlaces propagandísticos, spam e comentarios repetidos, así como os que non teñan sentido ou estean fose do tema do concurso.
Sen prexuízo do anterior, o usuario asume que o CONCELLO poñerá en coñecemento das autoridades administrativas ou xudiciais aqueles feitos que puidesen ser constitutivos dunha actividade ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente ao usuario.

O CONCELLO non se responsabiliza dos comentarios, opinións e/ contidos publicados polos usuarios.

A presentación de traballos neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. O incumprimento dalgún dos apartados nas mesmas levarían implícita a exclusión do concurso da obra presentada. Se as bases fosen modificadas a criterio da organización, comunicaríaselles oportunamente a todos os interesados.

8. Dereitos de imaxe

O usuario que sobe a imaxe faise responsable da fotografía que achega para a participación no concurso, aceptando que conta coa aprobación e dereitos para reproducir todos os elementos e persoas que aparecen na imaxe.

O usuario, co mero envío das súas imaxes e comentarios, autoriza irrevocable, gratuita e ilimitadamente ao CONCELLO a publicar as imaxes e vos comentarios que considere oportunos en calquera soporte, xa sexa físico ou virtual.

Os participantes autorizan á empresa organizadora e á empresa anunciante a reproducir e utilizar o seu nome e apelidos, así como a súa imaxe, en calquera actividade publi-promocional relacionada coa promoción en que resultou gañador sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. Nin a empresa organizadora nin a empresa anunciante se fan responsables dos danos e prexuízos que poidan supoñer a violación de privacidade por parte dun usuario.

9. Xurisdición e lei aplicable
Estas Condicións Xerais interpretaranse e rexerán de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da Coruña.