Please, enable the JavaScript on your browser.
Please, enable the Cookies on your browser.
Concurso Fotográfico Calendario 2025 📸 #Arteixoémar🌊

Concurso Fotográfico Calendario 2025 📸 #Arteixoémar🌊

Gaña un dos 12 premios de entre 100€ e 500€



Arteixo e o mar van da man. Móstrao cunha foto para o calendario!



O mar é un elemento vital para Arteixo, polos recursos que nos ofrece, pola beleza que aporta no noso entorno, e polo carácter que imprime aos arteixáns. Unha cuncha na area, o bater das ondas contra as rochas, ou calquera composición mariñeira ca túa imaxinación compoña poden ilustrar o calendario 2025.




  • A/s fotografía/s deberá/n realizarse no Concello de Arteixo. Podes subir cantas imaxes queiras. Asegúrate de encher correctamente todos os campos. As imaxes poden tardar un tempo en previsualizarse polo filtro de moderación que aplicamos. As mellores formarán parte do calendario 2025 editado polo Concello de Arteixo. Cada mes mostrará unha instantánea diferente.


  • A votación das imaxes realizarase a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado composto por un profesional vencellado co mundo da pesca, un profesional do mundo da fotografía e un profesional do mundo da publicidade.



  • Outorgaranse 12 premios para as 12 fotografías mellor valoradas que estarán suxeitos á preceptiva retención fiscal:

    🥇 500 € para a foto que máis puntos obteña
    🥈 300 € para a segunda
    🥉 200 € para a terceira
    🏅 100 € para as nove seguintes clasificadas


    🗓️ Promoción válida ata o venres 30/09/2024