Por favor, habilita el JavaScript en tu navegador.
Por favor habilita las Cookies de tu navegador.
Concurso de Fotografía #Dumbríaé 2024
Concurso de Fotografía #Dumbríaé 2024

Participa no concurso subindo a/s túa/s fotografías

A temática centrarase en fotografías representativas de Dumbría con diversas temáticas (patrimonio, natureza, festas, actos, eventos, tradicións, deporte, persoas, cultura, Camiño de Santiago, actividades, dos ríos, dos montes, da gastronomía local, da hostalería, etc.), que puideron ser tomadas en calquera época do ano. Poden ser fotografías antigas ou actuais. Poden ser sacadas de día ou de noite.
Buscamos esas espectaculares imaxes que representan o noso concello e coas que chegamos a tantos recunchos de todo o territorio.


Manifesto coñecer e aceptar as bases de participación e as decisións do xurado deste concurso.
Declaro que son maior de 14 anos, autor/a da/s fotografía/s coa/s que participo (máximo 5, sen sinatura ou outra marca identificativa), que non están premiadas en ningún outro certame ou concurso, na data de presentación a este, e cedo os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello de Dumbría, que as poderá utilizar para promover o concello. Así mesmo, conto cos permisos, por escrito, da cesión de dereitos de imaxe das persoas retratadas, de ser o caso.