Please, enable the JavaScript on your browser.
Please, enable the Cookies on your browser.


Con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia, desde Cruz Vermella lanzamos unha nova edición do noso concurso de debuxo infantil, co que queremos poñer de manifesto o importante papel que desempeñan as familias acolledoras para cambiar a vida de moitos nenos e nenas.

Sabías que calquera tipo de familia pode dar o paso? Podería ser a túa! Imaxinas como sería? Amósao nun debuxo! Toma nota dos pasos para participar:


1. Animade aos vosos peques a imaxinar e plasmar nun debuxo á vosa familia convertida en familia acolledora. Pode ser dun neno, unha nena, un bebé, un adolescente, unha parella de irmáns, un peque con necesidades especiais... Como sería? Que situacións poderían darse? Que momentos compartiriades xuntos?

2. Unha vez rematado, podedes tirarlle unha foto ou escanealo. O pai/nai/titor legal do neno ou nena será o encargado de rexistrarse na aplicación e subir a proposta, indicando no despregable se a participación é na categoría INFANTIL (3-6 anos) ou PRIMARIA (7-12 anos). Se tedes varios fillos ou fillas, podedes participar varias veces.
3. Técnica: libre! Poden empregar lápices, ceras, témperas, acuarela... Renda solta á súa creatividade!

Premios:
1. Premio do Xurado á mellor obra de cada categoría (Infantil/Primaria): un lote de xogos para gozar en familia para os debuxos que mellor recollan a temática.
2. Premio do Público á obra máis votada de cada categoría (Infantil/Primaria): sets de tazas e calendarios edición especial "Querer é Poder" para os debuxos que consigan máis votos por parte dos usuarios.

Se buscades inspiración e saber máis do programa de Familias Acolledoras: www.acollementofamiliar.gal

MOITA SORTE!